Harry Styles
cantante e actor británico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Edward Styles, nado en Holmes Chapel, Cheshire o 1 de febreiro de 1994, é un cantante e compositor británico máis coñecido como Harry Styles. Foi membro da boy band One Direction.[1] Tras facer unha audición en The X Factor e ser aceptado, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Harry formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Zayn Malik, Niall Horan, Liam Payne e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. A agrupación chegou á final do programa e quedaron no terceiro lugar. Aínda que non gañaron, Cowell pagou un contrato para que asinasen co selo discográfico Syco.[2][3]
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Harry Edward Styles 1 de febreiro de 1994 (30 anos) Redditch, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Holmes Chapel Comprehensive School (en) Centralia High School (en) |
Altura | 1,83 m |
Actividade | |
Ocupación | cantante , guitarrista , cantautor , humanitario , actor de cinema , compositor de cancións , actor , activista |
Período de actividade | 2010 - |
Membro de | One Direction (2010–2016) |
Xénero artístico | Soft rock, música pop, música rock, Britpop e música tradicional |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa e inglés británico |
Patrimonio estimado | 50.000.000 £ (2018) |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz e guitarra |
Selo discográfico | Syco Music (pt) Columbia Records |
Familia | |
Parella | Olivia Wilde (2021–2022) Camille Rowe (2017–2019) Nicole Scherzinger (pt) (2014–2014) Kendall Jenner (2013–2014) Taylor Swift (2012–2013) Caroline Flack (pt) (2011–2012) |
Pai | Desmond Styles (en) |
Irmáns | Gemma Styles (en) e Mike Twist (en) |
Páxina web | hstyles.co.uk |
|
Cando mozo, formou unha banda chamada White Eskimo xunto aos seus amigos Haydn Morris, Nick Clough e Will Sweeney da Holmes Chapel Comprehensive School e gañaron un concurso realizado alí en 2009.[2] Con todo, a agrupación disolveuse debido a que Harry fixo a audición para The X Factor e foi integrado en One Direction, aínda que afirmou que se manteñen en contacto por mensaxes de texto.[4] Entre as súas influencias musicais, atópanse a banda Coldplay, o solista Elvis Presley e o actor David Hasselhoff.[2] Na súa carreira con One Direction compuxo temas como «Taken», «Everything About You», «Same Mistakes», «Back for You» e «Summer Love», pertencentes aos álbums Up All Night e Take Me Home.[5] Gañou por dous anos consecutivos o premio ao vilán do ano nos NME Awards.[6][7] Styles fixo o seu debut no cinema no filme de Christopher Nolan Dunkerque (2017), que foi un grande éxito comercial.