Jacinda Ardern
política neozelandesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país entre 2017 e 2023. Foi a líder do Partido Laborista de Nova Zelandia dende o 1 de agosto de 2017 ata febreiro de 2023. Elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008[1] e deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017, exerceu de Primeira Ministra entre o 26 de outubro de 2017 e o 7 de febreiro de 2023 sendo, con 37 anos, a muller máis nova en asumir tal cargo.[2]
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jacinda Kate Laurell Ardern 26 de xullo de 1980 (43 anos) Hamilton (Nova Zelandia) |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
25 de novembro de 2020 – 15 de abril de 2023 Lexislatura: 53rd New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: Mount Albert (en) | |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
7 de novembro de 2017 – 6 de setembro de 2020 Lexislatura: 52nd New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: Mount Albert (en) | |
Minister of National Security and Intelligence (en) | |
26 de outubro de 2017 – 1 de febreiro de 2023 (renuncia) | |
40ª Primeiro-ministro da Nova Zelândia (pt) | |
26 de outubro de 2017 – 25 de xaneiro de 2023 (resignation of Jacinda Ardern (en) ) ← Bill English – Chris Hipkins (pt) → | |
17ª Leader of the New Zealand Labour Party (en) | |
1 de agosto de 2017 – 22 de xaneiro de 2023 ← Andrew Little – Chris Hipkins (pt) → | |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
Representa: Partido Laborista de Nova Zelandia 8 de marzo de 2017 – ← David Shearer Lexislatura: 51st New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: Mount Albert (en) | |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
Representa: Partido Laborista de Nova Zelandia 20 de outubro de 2014 – 8 de marzo de 2017 Lexislatura: 51st New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: sen valor | |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
20 de decembro de 2011 – 14 de agosto de 2014 Lexislatura: 50th New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: sen valor | |
Member of the New Zealand Parliament (en) | |
8 de decembro de 2008 – 20 de agosto de 2011 Lexislatura: 49th New Zealand Parliament (en) Circunscrición electoral: sen valor | |
Presidenta União Internacional da Juventude Socialista (pt) | |
2008 – 2010 | |
Datos persoais | |
Residencia | Auckland |
País de nacionalidade | Nova Zelandia |
Relixión | Agnosticismo e Mormonismo |
Educación | Universidade de Waikato (–2001) Morrinsville College (en) (–1998) Morrinsville Intermediate School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e político |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Laborista de Nova Zelandia |
Membro de | |
Lingua | Inglês neozelandês (pt) |
Salario base | 339.862 $ |
Participou en | |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 |
Familia | |
Cónxuxe | Clarke Gayford (2024–) |
Parella | Clarke Gayford |
Fillos | Neve Ardern Gayford (pt) () Clarke Gayford |
Pai | Ross Ardern (pt) |
Irmáns | Louise Ardern (pt) |
Premios
| |
Ideoloxicamente, Ardern descríbese a si mesma como unha socialdemócrata e unha progresista. Como partidaria do movemento obreiro, oponse ós recortes de impostos para as persoas con ingresos altos, apoiados polo Partido Nacional, e defende un estado de benestar que achegue unha rede de seguridade para "aqueles que non poden manterse a si mesmos". Sobre cuestións sociais, Ardern está a prol do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, votando a prol do proxecto de lei de igualdade matrimonial en 2013, e apoia a liberalización das leis sobre o aborto.
Foi criada como mormona, pero abandonou a Igrexa no 2005.[3]