Jetstar Airways
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jetstar Airways Pty Ltd, comercializada como Jetstar, é unha aeroliña de baixo custo australiana coa súa sede en Melbourne.[4][5] É unha subsidiaria de Qantas, creada en resposta á ameaza que representaba Virgin Australia. Jetstar é parte da estratexia de dúas marcas de Qantas de manter a Qantas Airways para o mercado premium de servizos completos, e Jetstar para o mercado do baixo custo. En 2015 Jetstar transportou o 8,5% de todos os pasaxeiros que viaxaban dende ou cara Australia.[1]
Jetstar Airways | ||
---|---|---|
IATA JG | OACI JST | Indicativo JETSTAR |
Fundación | 2003 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Melbourne | |
Plan de voo frecuente | Qantas Frequent Flyer | |
Frota | 71 | |
Destinos | 37 | |
Holding | Qantas | |
Eslogan da compañía | All day, every day, low fares | |
Sede | Collingwood, Melbourne | |
Páxina web: https://www.jetstar.com |
A aeroliña opera unha extensa rede doméstica ademais de realizar servizos rexionais e internacionais dende a súa base principal no aeroporto de Melbourne, usando unha frota mixta de avión da familia Airbus A320 e de Boeing 787 Dreamliner. Ao igual que a súa compañía nai, Jetstar compite con Virgin Australia e a súa subsidiaria de baixo custo Tigerair Australia.
Qantas, a través do Jetstar Group, tamén ten accións nas súas aeroliñas irmás Jetstar Asia Airways, Jetstar Pacific Airlines e Jetstar Japan.