Jioji Konrote
político fidxiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jioji Konousi "George" Konrote, nado en Rotuma o 26 de decembro de 1947, é un militar retirado e político fidxiano, que foi presidente de Fidxi entre 2015 e 2021.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (fj) Jioji Konousi Konrote |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de decembro de 1947 (76 anos) Rotuma Island (en) |
Presidente de Fidxi | |
12 de novembro de 2015 – 12 de novembro de 2021 ← Epeli Nailatikau (pt) – Wiliame Katonivere → | |
Member of the House of Representatives of Fiji (en) | |
2006 – 12 de outubro de 2015 Circunscrición electoral: Rotuma (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Fidxi |
Grupo étnico | Rotuman people (en) |
Relixión | Igrexa Adventista do Sétimo Día |
Educación | Escola de Goberno John F. Kennedy Natabua High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | diplomático , político , oficial |
Partido político | Fiji First Party (en) |
Lingua | Lingua inglesa, Língua rotumana (pt) e Lingua fidxiana |
Premios
|
Pechar
Despois de mandar unha misión de mantemento da paz no Líbano, Konrote exerceu como alto comisario de Fidxi en Australia de 2001 a 2006, como ministro de Estado para a Inmigración brevemente en 2006 e como ministro de Oportunidades de Emprego, Produtividade e Relacións Industriais entre 2014 e 2015. Foi o primeiro presidente que non é iTaukei, o primeiro adventista do sétimo día e o primeiro presidente elixido polo parlamento, xa que os anteriores foran seleccionados polo Gran Consello de Xefes.[1][2]