K-pop
xénero musical popular surcoreano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O K-pop (/keɪ pɔp/; en hangul, 케이팝; romanización revisada do coreano, keipap; do inglés Korean pop "música pop coreana") é un xénero musical popular surcoreano.[1][2][3] Inclúe diferentes estilos de música dance, electropop, hip hop ou R&B contemporáneo. A revista Billboard ten unha categoría específica para K-pop.
Datos rápidos Orixe musical, Orixe cultural ...
K-pop | |
---|---|
Orixe musical | Música dance, música electrónica, synthpop (electropop), hip hop, rock, R&B contemporáneo |
Orixe cultural | Principios dos anos 90 na Corea do Sur |
Instrumentos típicos | Voz, rap, caixa de ritmos, batería, baixo, teclados, piano, sampler, secuenciador, sintetizador, vocoder, ocasionalmente varios outros instrumentos, como ventos-metais e cordas |
Pechar
Grazas á Internet, o K-pop é accesible en moitos países e foi descuberto para o gran público.[4] É popular sobre todo entre os mozos. O K-pop non é só música, xerou unha subcultura propia.