Khalifa bin Salman Al Khalifa
primeiro ministro de Bahrain / From Wikipedia, the free encyclopedia
Khalifa bin Salman Al Khalifa (en árabe: خليفة بن سلمان آل خليفة), nado o 24 de novembro de 1935 e finado o 11 de novembro de 2020,[1][2] foi un xeque e político de Bahrain, primeiro ministro do seu país dende 1971, asumindo o cargo case dous anos antes da independencia de Bahrain o 15 de agosto de 1971. Foi o primeiro ministro co cargo máis duradeiro do mundo. Mantivo o seu posto até a súa morte, aínda que segundo a Constitución de 2002 perdera algúns dos seus poderes, e dende entón o rei tiña a autoridade de nomear (xunto co parlamento) e destituír os ministros. O rei Hamad bin Isa Al Khalifa é o seu sobriño.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (ar) خليفة بن سلمان آل خليفة |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1935 Jasra, Bahrain (en) |
Morte | 11 de novembro de 2020 (84 anos) Rochester, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Manama |
1º Primeiro ministro de Bahrain | |
10 de xaneiro de 1970 – 11 de novembro de 2020 ← sen valor – Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa → Nomeado por: Isa bin Sulman al-Kalif | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bahrain |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Lingua | Árabe e lingua inglesa |
Familia | |
Familia | Al Khalifa (pt) |
Fillos | Ali bin Khalifa bin Salman Al Khalifa (en) |
Pai | Salman bin Hamad al-Khalifa (pt) |
Premios
| |
Pechar
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |