Licenciatura
From Wikipedia, the free encyclopedia
A licenciatura é unha carreira universitaria de longa duración (entre 4 e 6 anos), diferente á arquitectura e á enxeñería, na que xeralmente se imparten cursos máis especializados que nunha diplomatura. Outra diferenza salientable é que en xeral, as licenciaturas créanse en torno a unha área do saber (Química, Literatura, Dereito etc.), mentres que as diplomaturas e outras carreiras de menor duración adóitanse configurar atendendo ás necesidades dun oficio concreto (Óptica, Enxeñería Técnica, Enfermería). As licenciaturas impártense nas facultades.
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
|
Dependendo da universidade na que se curse, unha licenciatura pode conformar unha unidade académica independente, ou ser parte duns estudos segmentados nos que a Diplomatura é o primeiro ciclo e a Licenciatura é o segundo. Consecuentemente, ós estudos de máster e doutoramento coñéceselles coma estudos de terceiro ciclo. O conxunto de estudos de diplomaturas, licenciaturas e doutorados pertence á Educación Superior e son chamados Estudos Superiores.
No mundo anglosaxón as licenciaturas coñécense coma Bachelor's Degree, e normalmente distínguese entre letras e ciencias: BA ou Bachelor of Arts e BS o Bachelor of Science.