Lingua groenlandesa
lingua da familia esquimó-aleutiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua groenlandesa[2][3] (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
Datos rápidos Groenlandés Kalaallisut, Estatuto oficial ...
Groenlandés Kalaallisut | ||
---|---|---|
Falado en: | Groenlandia | |
Rexións: | América do Norte | |
Total de falantes: | 54.000 aprox. | |
Posición: | - | |
Familia: | Esquimó-aleutiana Esquimó Inuit Groenlandés | |
Escrita: | Latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Groenlandia (Dinamarca) | |
Regulado por: | Oqaasileriffik | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kl | |
ISO 639-2: | kal | |
SIL: | KAL
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
É falado por máis de 54.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial de Groenlandia, onde o dinamarqués ten un estatuto semi-oficial.[4]