Lingua khakas
lingua da familia turca / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua khakas (tamén coñecida como xakas,[3] e cuxo endónimo é хакас тілі, khakas tįlį, тадар тілі, tadar tįlį) é unha lingua turca falada polo pobo khakas, o cal vive na república siberiana meridional de Khakassia, en Rusia. Os khakas son unhas 73 000 persoas, as cales 42 000 falan a lingua khakas. A maioría dos falantes de khakas son bilingües co ruso.[4]
Khakas хакас тілі, khakas tįlį, тадар тілі, tadar tįlį | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Total de falantes: | 43 000 (censo de 2010) | |
Familia: | Altaica Linguas turcas Turco común Linguas turcas siberianas[1] Siberianas meridionais Turco yenisei[2] Khakas | |
Escrita: | Alfabeto cirílico | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Khakassia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kjh
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Tradicionalmente, a lingua khakas divídese en varios dialectos estreitamente relacionados, os cales toman os seus nomes de diferentes tribos khakas: Sagay, Kacha, Koybal, Beltir e KyzylDe feito, estes nomes representan antigas unidades administrativas en lugar de grupos tribais ou lingüísticos. As persoas que falan todos estes dialectos simplemente se referían a si mesmas como Tadar (é dicir, tártaro).