Lingua mundial
From Wikipedia, the free encyclopedia
O concepto lingua mundial utilízase para definir unha lingua falada internacionalmente que ademais é aprendida por moita xente como segunda lingua. Unha lingua mundial non vén caracterizada unicamente polo número de falantes (nativos ou secundarios), senón tamén pola súa distribución xeográfica, o seu uso en organizacións internacionais ou o seu uso en relacións diplomáticas.[1] Con respecto a isto, a maioría das linguas do mundo están dominadas por linguas de orixe europea. A razón histórica deste fenómeno vén determinada polo período de expansionismo europeo: imperialismo e colonialismo.