Lingua oromo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O oromo é unha lingua afroasiática. É a máis falada da familia de linguas cuxitas. O oromo é falado como primeira lingua por máis de 24,6 millóns de persoas, do pobo oromo e de pobos veciños de Etiopía, e por medio millón máis en parte do norte e o leste de Kenya.[1] Tamén é falado por pequenos grupos de emigrantes noutros países africanos, como Suráfrica, Libia, Exipto e o Sudán. O oromo é un continuo dialectal, mais non tódalas variedades son mutuamente intelixibles. O nome nativo da lingua é Afaan Oromo, que se traduce como "boca (lingua) dos oromo." Antigamente era coñecido como "galla", un termo considerado pexorativo pero que se pode atopar na literatura antiga.
Datos rápidos Oromo Afaan Oromoo, Códigos de lingua ...
Oromo Afaan Oromoo | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈɒrəmoʊ/ | |
Falado en: | Etiopía e Kenya | |
Rexións: | África oriental | |
Total de falantes: | 25 millóns en Etiopía (censo de 2015) 500 000 en Kenya (censo de 2015) 42 000 en Somalia (2015) | |
Posición: | 50 | |
Familia: | Afroasiática Cuxita Cuxita oriental Oromoide Oromo | |
Escrita: | Alfabeto latino Alfabeto ge'ez (antigamente) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | om | |
ISO 639-2: | orm | |
ISO 639-3: | orm
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar