Lingua saami de Lule
Lingua urálica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua saami de Lule (Julevsámegiella) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 1.000-2.000 persoas en Noruega e Suecia, estandarizada dende 1983. Trátase dunha lingua saami falada principalmente na zonas da ribeira do río Lule, en Suecia, e no norte do condado noruegués de Nordland, sobre todo no concello de Tysfjord, onde o saami de Lule é lingua oficial. Por número de falantes é a segunda lingua saami despois do saami setentrional, mais nos últimos anos rexistrouse un importante descenso de falantes nativos, sobre todo nas xeracións máis novas.
Datos rápidos Lingua saami de Lule Julevsámegiella, Estatuto oficial ...
Lingua saami de Lule Julevsámegiella | ||
---|---|---|
Falado en: | Noruega e Suecia | |
Rexións: | Laponia | |
Total de falantes: | 1.000–2.000 falantes (2007)[1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis occidentais Lingua saami de Lule | |
Escrita: | Latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua minoritaria recoñecida en Suecia, Noruega[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | smj | |
ISO 639-3: | smj
| |
Mapa | ||
A lingua saami de Lule é a número 4. | ||
Status | ||
Pechar