Mar de Laptev
mar do océano Ártico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Laptev (en ruso, море Лаптевых) é un mar marxinal do océano Glacial Ártico, que se estende pola costa oriental de Siberia, península de Taimir, a Terra do Norte e as illas de Nova Siberia. O seu límite máis setentrional está no cabo Ártico ata un punto coas coordenadas 79°N e 139°E para cerrar no cabo Anisiy.[4]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Mar de Laptev | |
---|---|
море Лаптевых | |
Localización administrativa | |
Estado | Rusia |
División | Krai de Krasnoiarsk República de Sakha |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | Asia |
Illa/s | Severnaya Zemlya e illas de Nova Siberia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Kara e mar de Siberia Oriental |
Illas interiores | Illas de San Pedro, illas Faddey, illas Shelonsky e illa Bolshói Bégichev |
Afluentes | Lena (4.313 km), Khatanga-Kotuy (1.616 km), Oleniok (2.292 km), Anabar (939 km), Omoloy e Yana |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Faddeia, golfo de Khatanga, baía de Anabar, golfo de Olenek, golfo de Buor-Khaya e baía de Yana. |
Penínsulas | Península de Taimyr |
Estreitos | Estreitos de Vilkitsky, Shokalsky e Krasnoyarmyy (Kara) e Sánnikov e Laptev (Siberia Oriental) |
Características | |
Superficie | 672.000 km² |
Profundiade máxima | 3.385 m |
Profundidade media | 50 m |
Outros datos | |
Ruta marítima | Paso do Nordeste |
referencias | [1][2][3] |
Mapa | |
Localización do mar de Laptev | |
Mapa mostrando a localización do mar de Laptev | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O mar de Kara queda ao oeste, o mar de Siberia Oriental ao leste. A superficie deste mar é de aproximadamente 672.000 km².[5] É navegable durante os meses de agosto e setembro.
O mar de Laptev leva o seu nome en recoñecemento a dous exploradores e curmáns rusos, Dmitry Laptev e Khariton Laptev, que realizaron campañas de recoñecemento das súas costas. Anteriormente, este mar era coñecido como mar Nordenscheld ou Nordenskjöld, en recoñecemento ao primeiro navegante da Ruta do Mar do Norte, Adolf Erik Nordenskiöld.[6]
Administrativamente, as súas ribeiras pertencen ao Krai de Krasnoiarsk e á República de Sakha.