Monoamino oxidase A
From Wikipedia, the free encyclopedia
A monoamino oxidase A, tamén coñecida como MAOA (símbolo oficial actual[1]) e MAO-A (símbolo anterior aínda moi usado), é un encima que nos humanos está codificado no xene MAOA do cromosoma X.[2][3] Este xene é un dos dous xenes veciños dunha familia de xenes que codifican encimas mitocondriais que cataliza a desaminación oxidativa de aminas, como a dopamina, norepinefrina, e serotonina (o outro é o xene MAOB). A mutación deste xene causa a síndrome de Brunner. Este xene foi tamén asociado cunha variedade de trastornos psiquiátricos, como o comportamento antisocial. Atopáronse variantes de transcrición orixinadas por empalme alternativo que codifican múltiples isoformas.[4]
Diagrama de fitas dun monómero da MAO-A humana unida a FAD e clorxilina, orientada como se estivese unida á membrana mitocondrial externa. De PDB 2BXS. | |
Monoamino oxidase A | |
Identificadores | |
Símbolo | MAOA |
Símbolos alt. | MAO-A |
Entrez | 4128 |
HUGO | 6833 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000240 |
UniProt | P21397 |
Outros datos | |
Locus | Cr. X p11.4-p11.3 |