Monte Fuji
From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Fuji (富士山, Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[2] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[3] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[4][5] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokio e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[6]
Monte Fuji 富士山 Fuji-san | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Kageitah |
Localización administrativa | |
Localización | Entre as prefecturas de Shizouka e Yamanashi (Rexión de Chūbu, Xapón) |
Características xerais | |
Altitude | 3776[1] m Posición 35 |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 663 realizada por un monxe budista anónimo |
Ruta máis fácil | Itinerarios: Kawaguchiko, Subashiri, Gotenba e Fujinomiya dende a quinta estación. |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山, Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[7] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[7] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[8]