OpenAI
From Wikipedia, the free encyclopedia
OpenAI é unha institución de investigación de intelixencia artificial (IA) sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo promover e desenvolver unha IA amigable de xeito que beneficie á humanidade no seu conxunto. A organización busca "colaborar libremente" con outras institucións[1] e cos investigadores facendo que as súas patentes e investigacións sexan abertas ao público.[2] A compañía está apoiada por máis de 1.000 millóns de dólares en compromisos; non obstante, só se espera que se use unha pequena fracción deses mil millóns de dólares nos primeiros anos. Os fundadores están motivados, en parte, polos riscos existenciais da intelixencia artificial xeral.
Datos rápidos Tipo, Campo de traballo ...
OpenAI | |
---|---|
Tipo | organización sen ánimo de lucro |
Campo de traballo | intelixencia artificial, Aprendizaxe automática e motor de busca |
Data de fundación | 11 de decembro de 2015 e 8 de decembro de 2015 |
Fundador(es) | Elon Musk, Sam Altman, Ilya Sutskever, Greg Brockman, Wojciech Zaremba e Andrej Karpathy |
Nomeado en referencia a | openness e intelixencia artificial |
Director/a | Sam Altman, Mira Murati, Emmett Shear e Sam Altman |
Nº de empregados | 375 (2023) |
Traballos destacados | ChatGPT, OpenAI Five, Evals e Sora |
Organización subsidiaria | OpenAI OpCo |
Sede | San Francisco |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://openai.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar