Oroxénese
formación ou rexuvenecemento de montañas e cordilleiras / From Wikipedia, the free encyclopedia
A oroxénese[1] (do grego ὄρος óros "montaña" e γένεσις guénesis "orixe", "formación") ou oroxenia[2] é a formación ou rexuvenecemento de montañas e cordilleiras (oróxenos) causada pola deformación compresiva de rexións máis ou menos extensas da litosfera continental. Prodúcese un engrosamento da codia e os materiais sofren diversas deformacións tectónicas de carácter compresivo, incluíndo pregamentos, fallas e tamén o corremento de mantos. As distintas oroxenias prodúcense en determinadas rexións do mundo durante determinados períodos do tempo xeolóxico, como por exemplo as oroxenias caledoniana, hercínica ou alpina. Os procesos sinoroxénicos son aqueles que se producen durante unha oroxenia, mentres que os preoroxénicos se producen antes e os postoroxénicos despois.[3]