Os xogadores de naipes
pintura de Paul Cézanne / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xogadores de naipes é unha tea do pintor francés Paul Cézanne, coñecido como Les Joueurs de cartes. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 47,5 cm de alto e 57 cm de largo. Foi pintado entre 1889 e 1892. Actualmente, atópase no Museo de Orsay, París, Francia.
Os xogadores de naipes (Les joueurs de cartes) | |
---|---|
Artista | Paul Cézanne |
Data | 1889-1892 |
Técnica | Óleo sobre lenzo |
Dimensións | 57 cm cm × 47,5 cm cm |
Localización | Museo de Orsay |
Sobre o mesmo tema do partida de cartas, Cézanne pintou cinco cadros diferentes[1], toda unha serie, entre 1890 e 1896.[2] Comezou a tea estando en Suíza e rematouna en Aix-en-Provence.[3]
Este lenzo pertence á época de madureza (década de 1890) na que Cézanne produciu os seus principais lenzos. Exemplifica os cadros nos que os personaxes están fortemente ancorados no seu decorado.[2] É un período no que Cézanne foi convidado a expor co grupo Les XX en Bruxelas e, máis tarde, celebrou a súa primeira exposición en París.[3]
Todos os volumes están definidos de xeito xeométrico[3], o que confire aos dous personaxes unha dignidade clásica. Son dous campesiños que xogan ás cartas, cunha botella de viño no medio, na que se reflicte a luz[1] Distorsionando a visión perspectiva, Cézanne logra obter o máximo grao de centralidade, que resulta incrible nunha escena de vida. Toda a tea está construída con tons das cores azul, amarelo e vermello. Esta restrición cromática «intensifica a sensación de austeridade formal».[3] As pinceladas preséntanse solitarias e sintéticas, como o reflexo sobre a botella ou o sinxelo trazo que describe o ollo do xogador da dereita. Pinta coa técnica do facetado, o que é evidente na cara do xogador da esquerda. Este leva un chapeu de forma cilíndrica, o que lembra a afirmación de Cézanne de que
«Todo na natureza está modelado segundo a esfera, o cilindro e mailo cono»
No cadro de Cézanne, non só achega unha impresión, senón tamén unha descrición do senso interno da acción, como se fose a síntese destinada a permanecer na mente, case calcificada e baixo a forma da lembranza.