Peñón de Alhucemas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Peñón de Alhucemas[1] é un illote do Mediterráneo occidental, pertencente a España e situado na baía homónima, a 600 m da costa de Marrocos, fronte á Cabila de Beni Urriaguel.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alhucemas (homónimos).
Datos rápidos Situación, País ...
Peñón de Alhucemas | |
---|---|
Tagzírt en Nékor | |
Peñón de Alhucemas, vista da costa marroquina. | |
Plano da Praza de Alhucemas en 1813 (Ministerio de Defensa de España) | |
Situación | |
País | España |
Provincia | Prazas de soberanía de España |
Arquipélago | Illas Alhucemas |
Mar | Mediterráneo |
Coordenadas | 35°12′54″N 3°53′46″O |
Xeografía | |
Superficie | 0,012 km² |
Longura máxima | 170 m (L-O) |
Largura máxima | 86 m (N-S) |
Perímetro | 480 m |
Punto máis alto | 27 msnm (ao N da illa) |
Distancia a terra | 600 m |
Demografía | |
Poboación | Gornición da RAMIX-32 (Rexemento de Artillaría Mixto 32) |
Pechar
Integra, xunto con dous illotes deshabitados, Tierra e o de Mar, o arquipélago das illas Alhucemas. Ambos illotes fóronlle cedidos por Marrocos en 1957, tras acceder este último país á independencia.
O penedo mide uns 170 metros de longo por 86 de largo, conta cunha extensión superficial aproximada de 0,012 km² e ten unha altitude máxima de 27 metros no seu lado norte. Conta ao leste da illa cun penedo rochoso chamado La Pulpera ou La Isleta, que é o cemiterio da illa, á que está unida por unha ponte.