Pobo xitano
grupo étnico orixinario do subcontinente indio / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pobo xitano,[8] pobo cigano[9] ou pobo romaní é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor de 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.
Pobo xitano | |
---|---|
Xitana húngara | |
Poboación | |
Poboación total: Incerta; estímase que entre 2 millóns e máis de 12 millóns[1][2][3] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | 1 000 000 estimados con devanceiros xitanos (5 400 no censo de 2000)[4][5] |
Brasil | 800 000[6] |
España | 650 000 |
Romanía | 619 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua romaní |
Relixión | Cristianismo (ortodoxo, católico, protestante), islam, hinduísmo[7] |
Grupos relacionados | Dom, Lom, Domba; outros Indoarios |
Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.
Segundo o censo de 2000, en Galicia había unha comunidade xitana duns 9.000 individuos.[10] En España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, asentada principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.
O 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano.[11][12] A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.