Primeira guerra mundial
conflito bélico global entre 1914 e 1918 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A primeira guerra mundial[2] foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Primeira guerra mundial | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gavrilo Princip detido en Saraxevo tras o asasinato de Francisco Fernando de Austria | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Potencias Centrais: Imperio Austrohúngaro, Bulgaria, Imperio Alemán, Imperio Otomán |
Aliados: Francia, Bélxica, Gran Bretaña, Canadá, India británica, Nova Zelandia, Suráfrica, Australia, Terranova, Serbia, Imperio ruso, Italia, Estados Unidos, Montenegro Xapón, Romanía, Grecia, Portugal | ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Francisco Xosé I, Carlos I, Franz Conrad von Hötzendorf, Guillerme II de Alemaña, Erich von Falkenhayn, Paul von Hindenburg, Reinhard Scheer, Erich Ludendorff, Mehmed V, İsmail Enver, Mustafa Kemal Atatürk, Fernando I de Bulgaria |
Nicolao II de Rusia, Alexéi Alexéievich Brusílov, Philippe Pétain, Georges Clemenceau, Joseph Joffre, Ferdinand Foch, Robert Nivelle, Józef Piłsudski Herbert Henry Asquith, Douglas Haig, John Jellicoe, Víctor Manuel III, Luigi Cadorna, Armando Diaz, Woodrow Wilson, John J. Pershing | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
Soldados Mortos: 4.386.000 Feridos: 8.388.000 Desaparecidos: 3.629.000[1] |
Soldados Mortos: 5.520.000 Feridos: 12.831.000 Desaparecidos: 4.121.000[1] |
Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.
Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda dos Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).
Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.