Primeiro ministro de Estonia
cargo político / From Wikipedia, the free encyclopedia
O primeiro ministro de Estonia (en estoniano : peaminister) é o xefe de goberno da República de Estonia. O primeiro ministro é nomeado polo presidente tras as debidas consultas coas forzas parlamentarias e confirmado polo parlamento. En caso de desacordo, o Parlamento pode rexeitar a candidatura do presidente e elixir o seu propio candidato. Na práctica, dado que o primeiro ministro debe manter a confianza do Parlamento para permanecer no cargo, normalmente é o líder do principal partido da coalición de goberno. O actual primeiro ministro é Jüri Ratas do Partido do Centro.[1]
Primeiro ministro da República de Estonia Eesti Vabariigi peaminister | |
---|---|
Residencia | Casa Stenbock, Tallín |
Designado por | Presidente de Estonia |
Duración | 4 anos renovábeis |
Creación | 24 de febreiro de 1918 |
Primeiro titular | Konstantin Päts |
Salario | 5,288€ mensuais |
Sitio web | valitsus.ee |
O primeiro ministro non dirixe ningún ministerio específico, pero é, de acordo coa constitución, o supervisor do traballo do goberno. A importancia e o papel do primeiro ministro no goberno e as súas relacións con outros ministros dependen a miúdo da posición do partido liderado polo primeiro ministro fronte aos socios da coalición e da cantidade de influencia que ten o primeiro ministro dentro do seu partido. Se o primeiro ministro ten unha posición forte dentro do seu partido e o goberno está composto só por representantes dese partido, pode gozar dunha autoridade considerable. Non obstante, en todas as cuestións cruciais nacionais, a palabra final recae no Riigikogu como poder lexislativo.
Ao contrario dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o primeiro ministro é o xefe executivo de facto e de iure. Isto é debido a que a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo, do que o primeiro ministro é o líder. Na maioría das demais repúblicas parlamentarias, o presidente é cando menos un xefe executivo nominal, estando obrigado por convención a actuar aconsellado polo gabinete.