Pudin
Doce de orixe inglesa feito de pan, ovos e azucre / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un pudin[1] é unha sobremesa doce, de orixe inglesa e consistencia cremosa, elaborada xeralmente con leite, pan esfaragullado, ovos, azucre e froitas ou froitos secos, que se cociña nun molde ao forno ou ao baño maría[2]. Hoxe en día existente en moitas gastronomías, salientado na cociña inglesa e estadounidense, pode tamén estar composto de diferentes ingredientes dependendo da rexión: migallas de pan, biscoito, arroz, sémola etc. aglutinado con ovo e adubado ás veces con crema de ovo ou froitas diversas.
Hoxe en día é común como sobremesa en Galicia.