Rakuten
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rakuten, Inc.[3], ou simplemente Rakuten, (楽天株式会社, Rakuten Kabushiki-gaisha?) (Jasdaq: 4755) é a tenda online máis grande do Xapón[4] con máis de 50 millóns de usuarios rexistrados. O seu director executivo é Hiroshi Mikitani.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Rakuten | |
---|---|
Edificio principal da compañía | |
Tipo | Compras en liña |
Fundación | 7 de febreiro de 1997 |
Localización | Toquio, Xapón |
Fundador | Hiroshi Mikitani |
Persoas clave | Hiroshi Mikitani (CEO) |
Industria | Internet |
Produtos | Comercio electrónico |
Beneficio | 5.3 mil millóns USD (2013)[1] |
Beneficio neto | 400 millóns USD (2013)[1] |
Número de empregados | 13 762 (setembro de 2016)[2] |
Na rede | |
https://corp.rakuten.co.jp/ e https://global.rakuten.com/corp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía fundouse en 1997 baixo o nome MDM, Inc. Rakuten Shopping Mall (楽天市場, Rakuten Ichiba?) e comezou as súas operacións en maio dese mesmo ano. En xuño de 1999 MDM, Inc. cambiou o seu nome ao actual Rakuten, Inc. En xuño de 2004 era a segunda web máis popular do Xapón, medindo o seu tráfico de usuarios únicos, só superada por Yahoo! que ten máis visitas mensuais.
Os ingresos de Rakuten en 2005 superaron os 1.100 millóns de dólares estadounidenses cuns beneficios de aproximadamente 320 millóns de dólares. A compañía cotiza na bolsa tecnolóxica do Xapón (JASDAQ: 4755) cunha capitalización de mercado próxima aos 5.000 millóns de dólares e ten máis de 3.700 empregados. Rakuten atópase entre as dez compañías de Internet máis grandes do Mundo (xunto a Amazon.com, InterActive Corporation (IAC), Expedia etc.).
O 16 de novembro de 2016 asinou un acordo para converterse no patrocinador principal do FC Barcelona a partir da tempada 2017-2018 até a 2020-21.[5]