Saitama Seibu Lions
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Saitama Seibu Lions (埼玉西武ライオンズ, Saitama Seibu Raionzu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede en Tokorozawa, Saitama, ao norte de Tokio. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League. Antes de 1979, o equipo tiña a súa sede en Fukuoka, na illa de Kyūshū. Entre 1978 e 2008 o logo e a mascota do equipo estaban baseados nunha vesión adulta de Leo (tamén coñecido como Kimba), o protagonista do anime de Osamu Tezuka Jungle Taitei. Con todo, ao contrario que fans, membros do equipo e a prensa, o propio Tezuka afirma que realmente estaba baseado en Panja (tamén coñecido como Caesar), o pai de Kimba. Os Lions xogan os seus partidos como local no MetLife Dome, estadio con capacidade para 33.556 espectadores.
Saitama Seibu Lions | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1950 En Tokorozawa desde 1979 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Pacific League (1950–presente) | ||
Imaxe do equipo | |||
Retirados | 24 (Kazuhisa Inao) | ||
Cores | Azul, branco, vermello | ||
Datos do equipo | |||
Anterior | Nishitetsu Clippers (1950) Nishitetsu Lions (1951–1972) Taiheiyo Club Lions (1973–1976) Crown Lighter Lions (1977–1978) Seibu Lions (1979–2007) | ||
Estadio | MetLife Dome | ||
Estadios antigos | Kasugabaru Kyūjō (1950) Heiwadai Yakyūjō (1951–1978) | ||
Mascota | Leo e Lina | ||
Dono | Ferrocarrís Seibu | ||
Adestrador | Hatsuhiko Tsuji | ||
Títulos | |||
Nippon S. (13) | 1956, 1957, 1958, 1982, 1983, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 2004, 2008 | ||
Pacific L. (23) | 1954, 1956, 1957, 1958, 1963, 1982, 1983, 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1997, 1998, 2002, 2004, 2008, 2018, 2019 |
O equipo é propopiedade dunha filial de Prince Hotels, a cal á súa vez é propiedade do Grupo Seibu. O equipo experimentou nos últimos tempos un período de dificultades financeiras, máis a situación foi solucionado cando en 2006 o equipo recibiu 6.000 millóns de iens (uns 51,11 millóns de dólares) polo traspaso de Daisuke Matsuzaka aos Boston Red Sox da Major League Baseball (MLB). Antes, en 2004, o ex xogador dos Seibu Lions Kazuo Matsui foi o primeiro xogador xaponés en xogar nas Ligas Maiores desde a posición de infielder.[1]