San Diego Padres
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os San Diego Padres son un equipo profesional de béisbol estadounidense con sede na cidade de San Diego, California. Actualmente compiten na División Oeste da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Fundados en 1969, os Padres posúen dous títulos da Liga Nacional (1984 e 1998), aínda que en ambos os anos non conseguiron vencer nas Series Mundiais. A franquía é unha das dúas das Grandes Ligas que teñen a súa orixe no estado californiano, sendo a outra Los Angeles Angels, xa que tanto os Oakland Athletics (en Filadelfia, pasando entremedias por Kansas City), como os Dodgers e o San Francisco Giants (nos barrios de Brooklyn e Manhattan de Nova York) naceron na costa leste norteamericana. O nome de "Padres" deriva das misións relixiosas realizadas polos padres españois durante o tempo colonial no Novo Mundo e que fundaron a cidade en 1769.
San Diego Padres | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1969 En San Diego desde 1969 | |||||
| |||||
Afiliacións de Grandes Ligas | |||||
| |||||
Uniforme actual | |||||
Dorsais retirados | 6, 19, 31, 35, 51, 42 | ||||
Cores | |||||
| |||||
Nome | |||||
| |||||
Alcumes | |||||
| |||||
Estadio | |||||
| |||||
Títulos das Grandes Ligas | |||||
Series Mundiais (0) | Ningunha | ||||
NL (2) | 1984, 1998 | ||||
División O. (5) | 1984, 1996, 1998, 2005, 2006 | ||||
Wild card (1) | 2020 | ||||
Administración | |||||
Dono(s) | Peter Seidler | ||||
Adestrador | Jayce Tingler | ||||
Director xeral | A. J. Preller | ||||
Presidente | A. J. Preller |
Após o traslado dos San Diego Chargers da National Football League (NFL) de fútbol americano aos Ánxeles en 2017, os Padres son a única franquía profesional das catro grandes competicións deportivas do país con sede na cidade. De feito, son un dos dous únicos equipo da MLB que non comparten a súa cidade con ningunha outra gran franquía profesional, sendo o outro os Athletics de Oakland, despois de que os Raiders da NFL se mudasen ás Vegas en 2020. Con todo, os Athletics comparten mercado con outras franquías dentro da área da baía de San Francisco, incluíndo aqueles con sede na propia cidade de San Francisco e en San José. Durante a temporada 2020, nunha serie entre os días 17 e 20 de agosto ante os Texas Rangers, os Padres convertéronse na primeira franquía da historia das Grandes Ligas en conseguir un grand slam en catro xogos consecutivos. Tamén foron a única franquía de toda a MLB en non teren conseguido nunca un no-hitter,[1] unha situación que finalizou o 9 de abril de 2021 co lanzador nativo de San Diego Joe Musgrove.[2]