Scorpius
From Wikipedia, the free encyclopedia
Scorpius ou Escorpión[1] (símbolo , Unicode ♏), é unha das 88 constelacións. Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe en día se coñece coma Libra (que non existía, crese que foron os romanos os que a inseriron antes que ningunha outra civilización). As estrelas que hoxe en día se coñecen coma alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual:
- Alfa librae: Zuben Elgenubi (garra do sur)
- Beta librae: Zuben Elschemali (garra do norte)
Datos rápidos Nome latino, Abreviatura ...
Scorpius | |
---|---|
Nome latino | Scorpius |
Abreviatura | Sco |
Xenitivo | Scorpii |
Simboloxía | O Escorpión |
Ascensión recta | 17 h |
Declinación | −40° |
Área | 497 graos cadrados
Rango 33ª |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
15 |
Estrela máis brillante | Antares (α Sco)
(magnitude ap. 0.96) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Pechar
Representado deste xeito, o escorpión colgaba apracible e equilibradamente sobre a eclíptica.