Simposio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na Grecia antiga, o simposio (grego: συμπόσιον symposion, de συμπίνειν sympinein, "beber xuntos") era unha festa na que se bebía.[1] Entre as obras literarias que describen ou teñen lugar nun simposio inclúense dous diálogos socráticos, o Simposio de Platón e o Simposio, de Xenofonte así como algúns poemas gregos como as elexías de Teognis de Megara. Os simposios figuran en pinturas gregas e etruscas que mostran escenas similares.[1]
O equivalente na sociedade romana é o convivium latino.[1]
Posteriorente a palabra pasou a designar unha reunión na que se conversa e analiza un tema ou un aspecto concreto dalgunha disciplina.[2]