Snefru
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sneferu ( snfr-wj "El perfeccionoume", de Ḥr-nb-mꜣꜥt-snfr-wj "Horus, Señor de Maat, perfeccionoume ", tamén Snefru ou Esneferu),[1] ou baixo o seu nome Helenizado Soris (Koiné Σῶρις por Manetón), (2.613 - 2.589 a.C.) foi o primeiro faraón da IV dinastía, deificado no Imperio Antigo. As estimacións do seu reinado varían, por exemplo "A historia de Oxford do antigo Exipto" suxire un reinado desde o 2613 ao 2589 a.C.,[2] un reinado de 24 anos, mentres que Rolf Krauss suxire un reinado de 30 anos,[3] e Rainer Stadelmann un reinado de 48 anos.[4] Construíu polo menos tres pirámides que sobreviven ata os nosos días e introduciu importantes innovacións no deseño e construción das pirámides.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXVII a. C. Exipto |
Morte | 2609 a. C. Exipto |
Lugar de sepultura | Pirâmide Vermelha (pt) |
Faraón | |
← Huni – Queops → | |
1º Pharaohs of Fourth Dynasty of Egypt (en) | |
– Queops → | |
Pharaohs of old Kingdown of Egypt (en) | |
← Huni | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Antigo Exipto, Imperio Antigo de Exipto e Cuarta Dinastía de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Cuarta Dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Hetep-heres I |
Fillos | Kanefer (en) , Raotepe (pt) , Henutsen (en) , Iynefer I (en) , Meritites I (en) , Netjeraperef (en) , Nefermaat (pt) , Queops, Ranefer (en) , Hetepheres (en) , Ancafe (pt) , Nefertkau I (en) , Nefertnesu (en) |
Pais | Huni e Meresankh I (en) |
Irmáns | Hetep-heres I (pt) e Meresankh I (en) |
Fillo de Huni e de Meresankh I, e pai de Queops, construtor da Gran Pirámide de Gizeh. O seu nome de Horus foi Nebmaar, sendo o primeiro faraón en presentar o seu outro nome (a titulatura real) rodeado dun cartucho.
Construíu ata tres complexos funerarios piramidais (un en Meidum e dous en Dahshur).
Segundo a Pedra de Palermo enviou expedicións militares contra os nubios e os libios, e misións mineiras ás canteiras de turquesa do Sinaí.
A Pirámide Norte ou Pirámide vermella en Dahshur, parece, foi o seu lugar de repouso final.
A literatura posterior menciónao coma un benévolo lexislador e de bo carácter.