The Beatles (álbum)
álbum musical de The Beatles / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Beatles é o noveno álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 22 de novembro de 1968 a través do selo Apple Records. Trátase dun álbum dobre, e é coñecido como "The White Album" (o álbum branco) xa que a súa capa branca non contén imaxes ou texto agás o nome da banda (e un número de serie nas primeiras edicións en vinilo e CD).
The Beatles | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Beatles | ||||
Publicado | 22 de novembro de 1968 | |||
Gravación | 30 de maio - 14 de outubro de 1968 | |||
Estudio(s) | EMI e Trident Studios, Londres | |||
Duración | 93:35 | |||
Xénero(s) | rock | |||
Selo(s) | Apple Records | |||
Producido por | George Martin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum foi composto durante un período de confusión para o grupo, despois de visitar a Maharishi Mahesh Yogi na India e de ter unha sesión de composición particularmente produtiva a comezos de 1968. De volta ao estudio, o grupo gravou dende maio ata outubro dese ano. Ringo Starr deixou a banda durante un breve período de tempo, deixando que Paul McCartney tocase a batería en dúas cancións.
Tras o seu lanzamento en novembro de 1968, o álbum foi aclamado en case todo o mundo e acadou o número 1 nas listas do Reino Unido e dos Estados Unidos. O disco destaca pola natureza ecléctica das súas cancións, cousa que dividíu aos críticos á hora de avaliar o seu legado. O álbum vendeu ao redor dos 30 millóns de copias en todo o mundo e foi listado no número 10 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbum de todos os tempos"[1]. En 1987, como parte do seu 20 aniversario, Rolling Stone colocouno no número 9 da lista dos "100 mellores álbums dos últimos vinte anos".