Transnistria
Estado non recoñecido / From Wikipedia, the free encyclopedia
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"),[1][2][3] oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.[4]
Република Молдовеняскэ Нистрянэ / Republica Moldovenească Nistreană (ro) Приднестровская Молдавская Республика (ru) Придністровська Молдавська Республіка (uk) | |||||
Himno | Himno de Transnistria (18 de xullo de 2000) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Pridnestrovian Moldavian Soviet Socialist Republic (en) e República Socialista Soviética Autônoma da Moldávia (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tiráspol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 469.000 (2018) (112,66 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua romanesa lingua rusa lingua ucraína | ||||
Relixión | aconfesional e Igrexa ortodoxa rusa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.163 km² | ||||
Altitude | 140 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 5 de novembro de 1991 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo | ||||
• Xefe de estado | Vadim Krasnoselsky (pt) (2016–) | ||||
• Prime Minister of Transnistria (en) | Aleksandr Rozenberg (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Conselho Supremo (Transnístria) (pt) , (Escano: 33) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Rublo de Transnistria | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +373 | ||||
Teléfono de emerxencia | 101, 102, 103 e 104 (pt) | ||||
Páxina web | president.gospmr.ru |
Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto o fogo en xullo de 1992. Como parte deste acordo, unha Comisión de Control Conxunta tripartita (Rusia, Moldavia e Transnistria) supervisou as medidas de seguridade na zona desmilitarizada, comprendendo 20 localidades a ambos os lados do río. Pero aínda que se mantivo o alto ao fogo, o status político do territorio continúa sen resolverse: aínda que Transnistria non é internacionalmente recoñecida, é de feito un Estado independente,[5][6][7][8] organizado como unha República presidencialista, co seu propio Goberno, Parlamento, exército, policía, sistema postal e moeda. As súas autoridades tamén adoptaron unha Constitución, bandeira, himno nacional e un escudo. Porén, tras un acordo entre Moldavia e Ucraína en 2005, todas as empresas de Transnistria que traten de exportar mercadorías a través da fronteira con Ucraína deben estar rexistradas en Moldavia.[9] Este acordo implementouse despois de que a Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína (EUBAM) iniciara a súa actividade en 2005.[10] A maioría dos transnistrios son cidadáns da República de Moldavia,[11] pero tamén hai moitos con cidadanía rusa e ucraína.
Transnistria é ás veces comparada con outras zonas de conflito postsoviéticas conxeladas, como Nagorno-Karabakh, Abkhazia e Osetia do Sur (precisamente, os únicos estados que recoñecen a Transnistria.[12][13] Os dous últimos, ademais de recoñeceren a Transnistria como un Estado independente, estableron relacións diplomáticas con ela a cambio do seu recoñecemento a través da Comunidade para a Democracia e os Dereitos das Nacións.[14]