Tubérculo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, tubérculo refírese ao caule arredondado que algunhas plantas verdes desenvolven por baixo do chan como órganos de reserva de enerxía (en xeral amidón e inulina). O exemplo mais coñecido é a pataca.[1]
As plantas úsanos para sobrevivir ao inverno ou aos meses máis secos, fornecendo enerxía e nutrientes durante a próxima estación de crecemento. Alén diso serven coma un medio de reprodución asexuada.[2] Posúe pequenas follas escamosas e xemas minúsculas coñecidas como "ollos". Eses "ollos" agroman, dando orixe a novas plantas, que retiran o seu alimento do tubérculo, até que as propias raíces e follas se formen.[3]
A reprodución deste tipo de plantas faise por semente, aínda que tamén se pode facer por plantación do mesmo tubérculo, como se fai case sempre coa pataca.