Turandot
ópera de Giacomo Puccini / From Wikipedia, the free encyclopedia
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano. As posteriores representacións realizáronse coa partitura completa.
Cartel da estrea no Teatro alla Scala de Milán. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | G. Adami e R. Simoni |
Fontes literarias | Turandotte (1762), obra teatral de Carlo Gozzi |
Estrea | 25 de abril de 1926 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 1 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Giacomo Puccinicompletada por Franco Alfano |
Personaxes | |
Unha das partes máis difíciles da ópera encóntrase no segundo acto e se inicia coa frase In questa reggia, cando Turandot explica a razón do seu comportamento. Musicalmente, esta parte exixe sobreagudos a cargo da soprano que, combinados coa capacidade wagneriana que require o personaxe, fana particularmente difícil. No terceiro acto se encontra unha das arias máis coñecidas para tenor, Nessun dorma, que representa a vitoria do amor sobre o odio, onde Calaf canta que ninguén durma para descubrir o nome do xove heroe. Outro aspecto musicalmente notable é o enfrontamento entre tenor e soprano, no segundo acto, que moitos comparan co que fixo antes Puccini en Tosca, tamén no segundo acto, cando enfronta as voces do barítono e a soprano, Scarpia e Tosca.
Turandot é un alcume persa que significa "a filla de Turan", sendo Turan unha rexión de Asia Central que formou parte do Imperio Persa. Segundo o experto na música de Puccini, Patrick Vincent Casali, o "t" final non debe soar na pronunciación desta palabra, e Puccini non a vai pronunciar (de acordo con Rosa Raisa, a primeira cantante en interpretar o papel protagonista) e, segundo as notas de Casali, a estrutura musical da meirande parte das entonacións do nome por parte de Calaf fan do son do t final case un imposible.[2]