Venus de Urbino
pintura de Tiziano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Venus de Urbino, tamén chamada A Venus do cadeliño, é unha célebre pintura ao óleo sobre lenzo cuxas dimensións son de 119 cm x 165 cm, realizada en 1538 polo pintor italiano Tiziano. A pintura, cuxo comitente foi Guidobaldo II della Rovere[1] entón fillo do duque de Urbino e que a denominou simplemente "a muller espida",[2] presenta un feixe de significados ocultos, aínda que a opinión máis común é que foi un agasallo para a súa esposa, Giulia Varano, e representa unha alegoría do matrimonio[1] con finalidade didáctica na que se destacan valores como a fidelidade, o erotismo e a maternidade.
Datos rápidos Venus de Urbino, Artista ...
Venus de Urbino | |
---|---|
Artista | Tiziano |
Data | 1538 |
Técnica | óleo sobre tea |
Dimensións | 119 cm × 165 cm |
Localización | Galería Uffizi |
Pechar
En 1631 este cadro atopábase na colección dos Médicis, e foi en 1736 cando chega á Galería Uffizi (Florencia)[3], onde continúa.