Xunta Suprema de Estado
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xunta Suprema de Estado foi unha alta instancia de goberno de España de breve duración (1787-1792). Foi creada por Carlos III a instancias do conde de Floridablanca por un Real Decreto o 8 de xullo de 1787 coa denominación oficial de Suprema Junta Ordinaria y Perpetua de Estado,[1] e estaba composta por todos os secretarios de Estado e de Despacho Universal.[2]