Kerry GAA
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kerry County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Chontae Chiarraí, é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda e é responsable dos deportes gaélicos no Condado de Kerry e organiza as competicións entre os clubs do condado. Foi fundado en 1888 e as súas cores son o verde e o dourado. Os maiores éxitos do equipo do Condado de Kerry viñeron da man do fútbol gaélico, deporte do que é o equipo máis laureado, gañando o All-Ireland Senior Football Championship en 36 ocasións e a National Football League en 19, tendo nos dous unha ampla marxe respecto dos seus perseguidores, ademais no 2009 o equipo de fútbol gaélico de Kerry disputou a súa 55ª final do All-Ireland, sendo o equipo que máis finais disputou na historia, superando por moito ao segundo, o Dublin GAA que conta con 35 finais. O equipo dos anos '70 e '80 é considerado como o mellor de tódolos tempos, disputando nestas dúas décadas 12 finais para un total de 9 títulos, pasando despois a sufrir unha crise na que non disputou ningunha final entre 1987 e 1996. Tamén no fútbol gaélico, mais na categoría feminina, o Condado acadou importantes éxitos, ao gañar o All-Ireland Senior Ladies' Football Championship en 11 ocasións, sendo o equipo máis laureado por diante de Waterford GAA e Cork GAA que contan con 5 títulos.
Kerry GAA | |
---|---|
Tipo | organización deportiva |
Deporte | fútbol gaélico e Hurling |
Data de fundación | 1888 |
Sede | Condado de Kerry |
En | Condado de Kerry |
Na rede | |
http://kerry.gaa.ie | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A pesar da grande importancia do fútbol gaélico, o primeiro título de Kerry chegou na modalidade do hurling en 1891, sendo ademais o seu primeiro e último título ata a data nesta modalidade deportiva. Curiosamente, a final que o equipo gañou en 1891 foi a única final que disputou o equipo de Kerry na súa historia.
Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promocionar o camogie, “Our Game, Our Passion,”[1] Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.[2]
O estadio no que habitualmente xogan os equipos do Kerry GAA é o Fitzgerald Stadium da vila de Killarney. O club tamén conta cun estadio secundario, o Austin Stack Park de Tralee.