Copa do Mundo de Rugby
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo de Rugby é a competición internacional máis importante do rugby. O evento está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, a World Rugby, e nel participan seleccións nacionais masculinas. O primeiro mundial foi celebrado en 1987, e dende entón se ven repetindo cada catro anos. O campión recibe a Copa Webb Ellis, bautizada co nome do lendario inventor do deporte do rugby William Webb Ellis.
Copa do Mundo de Rugby | |
---|---|
Fundación | 1987 |
Rexión | World Rugby |
Equipos | 20 (na fase final) |
Actual campión | Suráfrica (4º título) |
Máis laureado | Suráfrica (4 títulos) |
Sitio web | www.rugbyworldcup.com |
Francia 2023 |
Catro seleccións acadaron o campionato nas dez edicións disputadas, Suráfrica catro veces, Nova Zelandia tres veces, Australia dúas veces e Inglaterra unha vez. A vixente campioa é Suráfrica, que derrotou a Nova Zelandia na final de 2023.
A Copa do Mundo de Rugby está considerada o terceiro evento deportivo máis importante a nivel internacional despois dos Xogos Olímpicos e da Copa do Mundo de Fútbol[1][2].