Selección de rugby de Nova Zelandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Nova Zelandia, máis coñecida como os All Blacks, representa a Nova Zelandia en rugby. O rugby está considerado nestas illas un deporte nacional.[1] O equipo conseguiu gañar até o momento tres campionatos do mundo: o inaugural de 1987, así como os de 2011 e 2015.
Nova Zelandia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | All Blacks | ||
Emblema | Fento prateado | ||
Unión | New Zealand Rugby Union | ||
Adestrador | Ian Foster | ||
Capitán | Samuel Whitelock | ||
Mais caps | Richie McCaw (148) | ||
Máximo anotador | Dan Carter (1 598) | ||
Máis ensaios | Doug Howlett (49) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 2 (14 de novembro de 2021) | ||
Máximo | 1 (2009−2019, 2021) | ||
Mínimo | 3 (2003, 2019, 2020) | ||
Estrea internacional | |||
Australia 3−22 Nova Zelandia Sydney, Australia; 15 de agosto de 1903 | |||
Maior vitoria | |||
Nova Zelandia 145−17 Xapón Bloemfontein, Suráfrica; 4 de xuño de 1995 | |||
Maior derrota | |||
Australia 28−7 Nova Zelandia Sydney, Australia; 28 de agosto de 1999 Australia 47−26 Nova Zelandia Perth, Australia; 10 de agosto de 2019 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 9 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 1º (1987, 2011, 2015) |
Os All Blacks posúen un récord de vitorias do 77% en xogos internacionais, sendo o único equipo masculino internacional con máis vitorias que derrotas contra todos os seus opoñentes, incluído os British and Irish Lions (combinado de xogadores das distintas seleccións das Illas Británicas). Desde o seu debut internacional en 1903, os neozelandeses tan só perderon nalgunha ocasión contra seis dos diferentes dezanove rivais aos que se enfrontaron: Australia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda e Suráfrica. Ademais, desde a introdución da Clasificación Mundial de World Rugby en 2003, Nova Zelandia ocupou o primeiro lugar máis tempo que o resto de seleccións combinadas.[2]
Nova Zelandia compite anualmente contra as seleccións da Arxentina, Australia e Suráfrica en The Rugby Championship, torneo antes coñecido como o Torneo das Tres Nacións. Os neozelandeses conseguiron proclamarse campións deste torneo en dezaseis ocasións das vinte e tres disputadas. Cómpre destacar que os neozelandeses completaron en catro ocasións durante a súa historia o Grand Slam Tour (1978, 2005, 2008 e 2010), por vencer ás catro seleccións das Illas Británicas, as Home Nations, nun mesmo ano. Entre outros recoñecementos do equipo destacan o ser nomeado Equipo do Ano de World Rugby dez veces desde a creación do premio en 2001 ou o Premio Príncipe de Asturias do deporte en 2017. A nivel de xogadores cómpre destacar que quince antigos all-blacks forman parte do Salón da Fama do Rugby Internacional.
O equipo competiu por primeira vez en 1884 contra o condado de Cumberland, en Nova Gales do Sur, e xogou o seu primeiro partido internacional en 1903 cunha vitoria fronte a selección australiana. Este encontro foi seguido por unha xira no hemisferio norte en 1905, durante a cal só perdeu fronte a Gales en Cardiff. Desde o ano 1905, os uniformes do equipo consisten nunha camisola e pantalóns negros. Antes do comezo dos partidos o equipo representa a tradicional haka (unha postura de baile maorí). Tradicionalmente a haka representada é a Ka Mate, aínda que desde 2005 tamén é utilizada ás veces Kapa o Pango, unha versión modificada da haka dos All Blacks de 1924.