Esther Duflo, nada en París o 25 de outubro de 1972,[1] é unha economista francesa, cofundadora e directora do Abdul Latif Jameel Poverty Action Lab (J-PAL),[1] e profesora de redución da pobreza e economía do desenvolvemento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Así mesmo, Duflo é investigadora asociada no National Bureau of Economic Research (NBER) dos Estados Unidos,[2] forma parte da directiva do Bureau for Research and Economic Analysis of Development (BREAD),[3] e dirixe o programa de economía do desenvolvemento do think tank Center for Economic and Policy Research.[1][4]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Esther Duflo (2009) |
Biografía |
---|
Nacemento | 25 de outubro de 1972 (51 anos) París, Francia |
---|
|
|
Presidente Paris School of Economics (en) |
---|
|
|
2024 – ← Daniel Cohen (pt) |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (2012–) Francia (1972–) |
---|
Educación | École Normale Supérieure (1992–) École des hautes études en sciences sociales (pt) - diplôme d'études approfondies (en) Lycée Henri-IV Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía Paris School of Economics (en) - magister degree (en) |
---|
Director de tese | Abhijit Banerjee e Joshua Angrist (pt) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Economia do desenvolvimento (pt) |
---|
Ocupación | economista , profesora universitaria , investigadora |
---|
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Collège de France (pt) |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua francesa |
---|
Obra |
---|
Doutorando | Dean Karlan (pt) , Rema Hanna (pt) , Nancy Qian (en) , Patricia Cortés (en) , Jessica Lee Cohen (en) , Jeanne Lafortune (en) , Amanda Dawn Pallais (en) , Mariaflavia Harari (en) , Christopher Arthur Spohr (en) , Maisy Wong (en) , Cynthia Kinnan (en) , Daniel Keniston (en) , Daniel L. Chen (en) , Arun Chandrasekhar (en) , Sara Hernández (en) , Hongliang Zhang (en) , Horacio Larreguy (en) , Shawn Allen Cole (en) , Bruno Ferman (en) , Pablo Querubín (en) , Leigh L. Linden (en) e Rachael Meager (en) |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Abhijit Banerjee (2015–) |
---|
Pai | Michel Duflo |
---|
Premios |
|
Páxina web | econ-www.mit.edu… |
---|
|
Pechar
As súas investigacións céntranse en aspectos microeconómicos de países en vías de desenvolvemento, incluíndo o comportamento das familias, educación, acceso a financiamento, saúde e avaliación de políticas públicas. Xunto con Abhijit Banerjee, Dean Karlan, Michael Kremer, John A. List e Sendhil Mullainathan, impulsou o avance da experimentación de campo como unha importante metodoloxía para descubrir relacións causais en economía.