Grand Theft Auto V
videoxogo de 2013 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grand Theft Auto V, tamén coñecido como GTA V, é un videoxogo de mundo aberto (sandbox), acción e aventura desenvolvido polo estudo escocés Rockstar North e publicado por Rockstar Games. O xogo saíu á venda o 17 de setembro de 2013 nas plataformas PlayStation 3 e Xbox 360. É o primeiro xogo da serie principal da saga Grand Theft Auto despois do lanzamento de Grand Theft Auto IV en 2008, sendo o décimo quinto xogo da serie en total. Ao ser un dos últimos títulos lanzados en exclusiva para a sétima xeración de consolas de videoxogos, Grand Theft Auto V é un videoxogo moi agardado.[1]
Gran Theft Auto V | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Rockstar North |
Distribuidora(s) | Rockstar Games Take-Two Interactive |
Director(es) | Adam Fowler |
Produtor(es) | Leslie Benzies |
Escritor(es) | Dan Houser |
Artista(s) | Aaron Garbut |
Motor | RAGE Con Euphoria e Bullet Physics |
Lanzamento | 17 de setembro de 2013 |
Xénero | Acción, aventura, sandbox |
Modos de xogo | Un xogador / Online |
Clasificación | PEGI-18 ESRB-M |
Plataforma(s) | PlayStation 3 Xbox 360 |
Formato(s) | Blu-ray Disc (PS3) 2x DVD (Xbox 360) |
Serie | Grand Theft Auto |
Na rede | |
rockstargames.com/V/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xogo consta de elementos de condución e de acción e aventura, os cales forman parte dun mundo aberto co que os xogadores poden interactuar ao seu antollo. O xogo está ambientado no estado ficticio estadounidense de San Andreas, o cal xa foi escenario doutras entregas da saga, baseado nos estados reais de California e Nevada. Nesta entrega a ambientación tenta reflectir o sur de California, onde se pode atopar a cidade ficticia de Los Santos (a imaxe e semellanza dos Ánxeles) e unha zona de campo aberto. A historia dun só xogador está contada a través de tres protagonistas, Michael, Trevor e Franklin, os cales o xogador pode ir alternando cando o desexe. A historia segue os esforzos dos protagonistas para planificar e executar seis grandes atracos e acumular riquezas. O xogo tamén inclúe un modo online, que permite participar até 16 xogadores simultaneamente, tanto en modo cooperativo como en competitivo.