Historia de Italia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia de Italia é unha das máis importantes de toda Europa e de todo o mundo. Herdeira de múltiples culturas antigas como a dos etruscos e latinos, e receptora da colonización grega e cartaxinesa, viu nacer o Imperio Romano, legador dunha gran parte da cultura occidental e un dos maiores da historia. Trala caída do Imperio, Italia sufriu unha serie de invasións xermanas alternadas con intentos bizantinos e francos de reconstruír a unidade do Imperio Romano.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo é parte da serie: |
Por período histórico |
|
Por tema |
Durante a Idade Media Italia converteríase nun mosaico de cidades-estado que loitaban entre si para conseguir a hexemonía sobre o resto, con frecuentes intervencións das potencias circundantes e da Igrexa. Nos séculos XV e XVI converteuse no centro cultural de Europa dando orixe ao Renacemento e foi un dos campos nos que se decidiu a supremacía europea do Imperio Español.
Tralo declive da monarquía hispánica, o Imperio Austrohúngaro pasaría a controlar a rexión. Transformada nun campo de batalla durante as guerras revolucionarias, pasaría a loitar pola súa independencia. Entre 1856 e 1870 levou a cabo a Unificación de Italia logo dunha serie de guerras que implicou enfrontarse ao Imperio Austríaco e os Estados Pontificios. Posteriormente, Italia levaría a cabo políticas imperialistas que a levaron a participar na primeira guerra mundial ao lado do Acordo, á invasión de Abisinia e a participar na segunda guerra mundial como aliado de Hitler.
Na actualidade Italia é un país democrático, pertencente a organizacións tan importantes como a Unión Europea ou o G-8, e unha das principais potencias económicas da Terra.