Invasión rusa de Ucraína
invasión de Ucraína por parte de Rusia a partir do 24 de febreiro de 2022 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial.[30][31] Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
Suxeriuse que "Cronoloxía da invasión rusa de Ucraína en 2022" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Invasión rusa de Ucraína de 2022 | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra ruso-ucraína | |||||||
Mapa dos territorios ocupados por Rusia en Ucraína. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Apoiados por:
|
Provedores de armas:
Axuda militar non letal:
| ||||||
Líderes | |||||||
|
|
A invasión estivo precedida por unha prolongada acumulación militar rusa dende principios de 2021 e polas demandas de Rusia para prohibir legalmente a Ucraína a unirse á OTAN.[32] Nos días anteriores á invasión, Rusia recoñeceu as autoproclamadas República Popular de Donetsk e da República Popular de Luhansk, e fixo entrar ás Forzas Armadas de Rusia na rexión de Donbás, no leste de Ucraína, o 21 de febreiro de 2022.
Sobre as 06:00 de Moscova (UTC+3), o presidente ruso Vladimir Putin anunciou unha operación militar no leste de Ucraína; minutos despois, comezaron os ataques con mísiles en lugares de todo o país, incluso na capital Kíiv. O Servizo de Fronteiras de Ucraína afirmou que os seus postos fronteirizos con Rusia e Belarús foron atacados.[33][34] Dúas horas máis tarde as forzas terrestres rusas entraron no país.[32] O presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyi respondeu promulgando a lei marcial, interrompendo as relacións entre Rusia e Ucraína e anunciando a mobilización xeral da poboación. A invasión motivou que varios países condenasen o ataque e impuxesen severas sancións a Rusia,[35] e ademais producíronse mobilizacións en contra da guerra en Rusia que foron sufocadas con arrestos masivos.[36][37]