Terra
terceiro planeta do Sistema Solar / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Terra[24] (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( escoitar)) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida.[25] É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar. Tamén é o maior dos catro terrestres.
Terra | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A Terra vista dende o espazo; imaxe coñecida como a bóla azul, captada pola tripulación do Apollo 17 o 7 de decembro de 1972 | |||||||||||||
Designacións | |||||||||||||
Pronunciación | [ˈtɛ.rɐ] | ||||||||||||
Símbolo | e | ||||||||||||
Carcterísticas orbitais | |||||||||||||
Época J2000 [lower-alpha 1] | |||||||||||||
Afelio | 152 097 701 km [lower-alpha 2] (1,0167103 UA) | ||||||||||||
Perihelio | 147 098 074 km [lower-alpha 2] (0,9832899 UA) | ||||||||||||
149 598 261 km [2] (1,00000261 UA) | |||||||||||||
Raio órbital medio | 0,999855 UA 149 597 870,691 km | ||||||||||||
Excentricidade | 0.01671123 [2] | ||||||||||||
365,256363004 días [3] 1,000017421 AJ | |||||||||||||
velocidade orbital media | 29,78 km/s [4] 107 200 km/h | ||||||||||||
Anomalía media | 358.617° | ||||||||||||
Inclinación | |||||||||||||
Lonxitude do nodo ascendente | -11,26064° [4][lower-alpha 3] á eclíptica J2000 | ||||||||||||
2 de xaneiro de 2021 13:59 [6] | |||||||||||||
Argumento do perihelio | 114,20783° [4] | ||||||||||||
Satélites coñecidos |
| ||||||||||||
Características físicas | |||||||||||||
Raio medio | 6 371,0 km [7] | ||||||||||||
Raio ecuatorial | 6 378,1 km [8][9] | ||||||||||||
Raio polar | 6 356,8 km [10] | ||||||||||||
Achatamento | 0,0033528 [11] 1/298.257222101 (ETRS89) | ||||||||||||
Circunferencia |
| ||||||||||||
Área de superficie |
| ||||||||||||
Volume | 1,08321×1012 km3 [4] | ||||||||||||
Masa | 5,9736×1024 kg [14] | ||||||||||||
Densidade media | 5,515 g/cm3 [4] | ||||||||||||
Gravidade superficial | 9,780327 m/s [15] | ||||||||||||
Factor de momento de inercia | 0,3307 [16] | ||||||||||||
11,186 km/s [4] | |||||||||||||
Período de rotación sideral | 0,99726968 d [17] (23h 56m 4,100s) | ||||||||||||
Velocidade de rotación ecuatorial | 0,4651 km/s [18] | ||||||||||||
23°26′21″ 0,4119 [3] | |||||||||||||
Albedo | |||||||||||||
| |||||||||||||
Atmosfera | |||||||||||||
Presión atmosférica na superficie | 101,325 kPa (m s. n. m.) | ||||||||||||
Composición por volume |
|
A Terra formouse hai aproximadamente 4 550 millóns de anos e a vida xurdiu uns mil millóns de anos despois.[26] A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra.[27] As propiedades físicas da Terra, a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera.[28][29][30]
A superficie terrestre ou codia está dividida en varias placas tectónicas que se deslizan sobre o magma durante períodos de varios millóns de anos. A superficie está cuberta por continentes e illas, estes posúen varios lagos, ríos e outras fontes de auga, que, xunto cos océanos de auga salgada, representan cerca do 71% da superficie e constitúen a hidrosfera. Non se coñece ningún outro planeta con este equilibrio de auga líquida,[lower-alpha 6] que é indispensable para calquera tipo de vida coñecida. Os polos da Terra están cubertos na súa maioría de xeo sólido (Inlandsis da Antártida) ou de banquisas (casquete polar ártico). O interior do planeta é xeoloxicamente activo, cunha grosa capa de manto relativamente sólido, un núcleo externo líquido que xera un campo magnético, e un núcleo interior sólido composto aproximadamente dun 88% de ferro.[32]
A Terra interactúa gravitatoriamente con outros obxectos no espazo, especialmente o Sol e a Lúa. Na actualidade, a Terra completa unha órbita ao redor do Sol cada vez que realiza 366,26 xiros sobre o seu eixe, o cal é equivalente a 365,26 días solares ou a un ano sideral.[lower-alpha 7] O eixe de rotación da Terra atópase inclinado 23,4° con respecto á perpendicular do seu plano orbital, o que produce as variacións estacionais na superficie do planeta cun período dun ano tropical (365,24 días solares). A Terra posúe un único satélite natural, a Lúa, que comezou a orbitar a Terra hai 4 530 millóns de anos; esta produce as mareas, estabiliza a inclinación do eixe terrestre e reduce gradualmente a velocidade de rotación do planeta. Hai aproximadamente entre 3 800 a 4 100 millóns de anos, durante o chamado bombardeo intenso tardío, numerosos asteroides impactaron na Terra, causando significativos cambios na maior parte da súa superficie.
Tanto os recursos minerais do planeta como os produtos da biosfera proporcionan materias primas que se utilizan para soster á poboación humana mundial. Os seus habitantes están agrupados nuns 200 estados soberanos independentes, que interactúan a través da diplomacia, as viaxes, o comercio, e a acción militar. As culturas humanas desenvolveron moitas ideas sobre o planeta, incluída a personificación dunha deidade, a crenza nunha Terra plana ou na Terra como centro do universo, e unha perspectiva moderna do mundo como unha contorna integrada que require administración.
A súa distancia media ó Sol é considerada a unidade astronómica (UA), igual a 149 597 870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011 m.