Kojiki
libro xaponés do século VIII / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kojiki ou Furukotofumi[1] (xaponés: 古事記; "Rexistro das cousas antigas") é o libro máis antigo coñecido no Xapón.[2] Foi escrito no 712, durante o período Nara, e dedicado á emperatriz Gemmei.[2] Trata sobre mitoloxía xaponesa (shinto), lendas, cancións, xenealoxías, tradicións orais e relatos semihistóricos até o 641 a.C.[3] O libro mestura as lendas do primeiro emperador do Xapón e varias outras con historias sobre os deuses. Polo tanto, é difícil saber que partes do Kojiki son reais e cales son lendas. Segundo a lenda, todos os emperadores do Xapón descenden de Amaterasu, a deusa do sol.
Kojiki | |
---|---|
Autor/a | Hieda no Are e Ō-No-Yasumaro |
Lingua | hentai kanbun |
Xénero(s) | libro de historia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O Kojiki está escrito en chinés, pero a forma en que o escribiron os xaponeses é empregando a pronuncia dos caracteres kanji chineses e non o significado dos mesmos. Noutras palabras, unha persoa que sabe ler chinés non poderá ler o Kojiki a menos que tamén saiba falar xaponés. Inclúe moitos nomes xaponeses e algunhas frases.[2]