A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.
A Gran Fame irlandesa (en irlandésAn Gorta Mór ou An Drochshaol) foi un período de fame, doenzas e emigración en masa entre 1845 e unha data variable entre 1849 e 1852, no que a poboación de Irlanda se reduciu entre un 20 e un 25 por cento. A fame provocou a morte de preto dun millón de persoas e forzou a máis doutro millón a emigrar da illa. A causa principal da fame foi unha praga provocada polo oomicetoPhytophthora infestans, que contaminou os cultivos de pataca a grande escala en toda Europa durante a década de 1840. A pesar de que atinxiu a Europa enteira, a praga afectou moitísimo a Irlanda, xa que un terzo de toda a poboación dependía unicamente da pataca para sobrevivir. Ademais, o problema foi agravado por varios factores ligados á situación política, social e económica que aínda son materia de debate na comunidade académica.
A fame foi un choque social na historia da Irlanda e os seus efectos alteraron para sempre o plano demográfico, político e cultural irlandés. Chegou mesmo a ficar como parte da memoria popular, sendo dende entón un dos episodios máis lembrados polos movementos nacionalistas irlandeses. A historia de Irlanda divídese xeralmente entre os períodos "pre-fame" e "pos-fame". A gran fame é tamén recordada como a maior catástrofe demográfica en Europa entre a Guerra dos Trinta Anos e a Primeira Guerra Mundial, sumando máis dun millón de mortes en Irlanda en relación ó esperado se non existira.
As Illas Blasket (en lingua irlandesaNa Blascaodaí - de etimoloxía incerta. Podería ter orixe na voz norueguesa "brasker" que significa "lugar perigoso") son un grupo de illas situadas na costa oeste de Irlanda que forman parte do condado de Kerry.
O arquipélago estivo habitado até o ano 1953, e a práctica totalidade da poboación tiña o irlandés como lingua materna. Os habitantes foron evacuados á illa de Irlanda o 17 de novembro de 1953. Algúns emigraron ós Estados Unidos e aínda hoxe se poden atopar os seus descendentes en Springfield, Massachusetts, mentres que outros ficaron na veciña península de An Daingean, dende a cal poden ver o seu antigo fogar.
No 2005 foi galardoada co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.