Copa do Mundo de Rugby 2019
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo de Rugby 2019 foi a 9ª edición da Copa do Mundo de Rugby. Nunha reunión celebrada en Dublín o 28 de xullo de 2009, a International Rugby Board anunciou que o Xapón sería o país organizador da competición, levando por primeira vez o mundial de rugby a Asia. Tamén foi a primeira vez que o anfitrión non era algunha das potencias tradicionais deste deporte.
Datos rápidos Espectadores, Máximo anotador ...
Copa do Mundo de Rugby 2019 | |
---|---|
20 de setembro - 2 de novembro | |
País anfitrión | Xapón |
No. de equipos | 20 |
Podio - Campión - Subcampión - Terceiro posto - Cuarto posto |
Suráfrica Inglaterra Nova Zelandia Gales |
Partidos | 48 |
Espectadores | 1,698.528 |
Máximo anotador | Handré Pollard (69 puntos) |
Máximo anotador de ensaios (tries) | Josh Adams (7 ensaios) |
Pechar
Como organizador, a selección de rugby do Xapón estivo clasificada automaticamente para disputar o campionato. Outros 12 equipos acadaron a súa clasificación durante a Copa do Mundo de Rugby 2015. Os restantes 7 equipos participantes tiveron que acadar a súa participación nos torneos correspondentes a cada continente.