Selección de rugby de Gales
selección de rugby a 15 de Gales / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Gales (en galés: Tîm rygbi'r undeb cenedlaethol Cymru) representa ao País de Gales en torneos internacionais de rugby. Compite cada ano coas seleccións de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda e Italia no Torneo das Seis Nacións. Gales ten gañado este torneo 24 ocasións, sendo o segundo no palmarés tras Inglaterra. A selección tamén compite na Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, sendo o seu mellor resultado até o de agora terceiro en 1987. A International Rugby Board (IRB) considera a Gales como unha nación Tier One (de primeiro nivel), e actualmente ocupa o sétimo posto na Clasificación da IRB a 19 de setembro de 2011[1].
Gales | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | O XV do Dragón | ||
Emblema | Plumas do Príncipe de Gales | ||
Unión | Welsh Rugby Union | ||
Adestrador | Warren Gatland | ||
Capitán | Alun Wyn Jones | ||
Mais caps | Alun Wyn Jones (132) | ||
Máis ensaios | Shane Williams (58) | ||
Estadio | Millennium Stadium (73 931) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 4 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 1 (2019) | ||
Mínimo | 10 (2007) | ||
Estrea internacional | |||
Inglaterra 8−0 Gales Londres, Reino Unido; 19 de febreiro de 1881 | |||
Maior vitoria | |||
Gales 98−0 Xapón Cardiff, Reino Unido; 26 de novembro de 2004 | |||
Maior derrota | |||
Suráfrica 96−13 Gales Pretoria, Suráfrica; 27 de xuño de 1998 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 3º (1987) |
O corpo gobernante da mesma é a Unión de Rugby Galesa, que foi fundada en 1881, o mesmo ano que xogaron o seu primeiro encontro fronte a Inglaterra. As actuacións de Gales no Home Nations Championship (agora o Seis Nacións foi mellorando de xeito exponencial, chegando á súa primeira "idade de ouro" entre 1900 e 1911. No seu primeiro encontro fronte á Nova Zelandia, coñecidos coma os All Blacks, en 1905, gañaron por 3:0 nun encontro moi famoso no Cardiff Arms Park. O rugby galés baixou de nivel entre a Primeira e a segunda guerra mundial, mais experimentou unha segunda "idade de ouro" entre 1969 e 1982 cando gañaron cinco campionatos do Cinco Nacións (incluíndo tres vitorias compartidas). Xogaron a primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 onde acadaron a súa mellor clasificación ata o de hoxe neste torneo, terceiros. Despois da declaración oficial da profesionalización do rugby pola IRB en 1995, Gales acolleu a Copa do Mundo de Rugby 1999 e, en 2005, acadou o seu primeiro Grand Slam no Seis Nacións, seguido por un segundo en 2008.
Os xogadores actuais máis destacados son Ryan Jones e o Xogador Internacional do Ano da IRB en 2008, Shane Williams. Williams ademais conseguiu máis ensaios que ningún outro xogador na historia de Gales con 55.
Gales xoga con camisolas vermellas coas Plumas do Príncipe de Gales. O seu actual estadio é o Millennium Stadium en Cardiff, rematado de construír en 1999 para substituír o Estadio Nacional de Cardiff Arms Park. Dez antigos xogadores de Gales forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby, e un deles foi incluído no Salón da Fama da IRB.