Cor na arte
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cor na arte é un aspecto moi importante das artes visuais ou plásticas, xunto con outros elementos como a luz, a atmosfera, o fondo e a forma, o formato, a materia, a liña, o punto, a mancha, a textura, o volume, o espazo, o movemento, etc.[2][3][4]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A cor ten efectos físicos e psicolóxicos comprobados, e diversas funcións, de atribución psicolóxica ou histórica, de connotacións semánticas (ás veces mesmo discrepantes coa realidade física, como é o caso das cores cálidas e frías e a temperatura da cor), de prestixio, etc., e algúns aspectos determinados pola técnica: Por exemplo a cerámica grega só usaba os pigmentos amarelo, vermello, branco e negro; nela as mulleres eran pintadas de branco, e os homes unhas veces de branco e outras de negro. Esa "tetracromía" (ás veces chamada "bicromía" cando se usa o vermello e o negro, ou mesmo cando se usan catro pigmentos, obviando o branco e o negro) na pintura da Grecia Antiga non se correspondía cos mosaicos ou murais, nos que chegaron a empregar azuis e verdes, o mesmo que nas esculturas, que eran polícromas; simplemente esas cores eran as que conseguían fixar na cerámica.
Porén, as estatuas clásicas que chegaron ás épocas do Renacemento e posteriores eran maiormente as de pedra branca, xa que as de bronce eran refundidas co tempo, e as de madeira perdéronse e só temos referencias delas a través de cadros e de escritos coma o Palladion.[5][6][7]
A cor na arte, ou en tanto que experiencia estética, é un campo propicio para a transdisciplinariedade e téñense feito aproximacións multidisciplinares desde a historia da arte e a historia en xeral, desde a lingüística, a fisioloxía e neuroloxía, neurobioloxía (ou neurociencia) e neuroestética, etc.